Friday 03 de May de 2024

Ovidio Rodeiro mantivo un encontro de traballo co alcalde de Laxe


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo unha reunión de traballo co novo alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón. Este encontro responde á aposta da Xunta de Galicia de seguir impulsando o diálogo entre administracións co obxectivo de garantir unha atención próxima e de calidade.
O delegado territorial informou a novo rexedor dos distintos programas, axudas e iniciativas que a Xunta de Galicia pon a disposición dos concellos para colaborar no mantemento do seu día a día e para facer inversións.
Neste senso, ambos se comprometeron a intensificar os contactos para conseguir que este concello poida obter as distintas achegas que as consellerías poñen a disposición dos goberno locais para levar a cabo inversións e para financiar servizos municipais co apoio da Xunta.
Proba deste compromiso e que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comezará no día 15 de xullo a renovación dos pavés agretados no CPI Cabo de Area, unha obra que ten un orzamento de 20.000 euros.